Esposende, lugares de tempo e memoria (Ramón Rodríguez Porto)
Esposende, fermosa cidade portuguesa do distrito de Braga, cuia historia se remonta á pre-historia, con vestixios do paleolítico superior, do neolítico e do megalítismo atlántico. Máis o que sorprende o que visita Esposende por primeira vez son os lugares proto-históricos, cos seus poboados castrexos, que veñen dende a Idade do Ferro á Romanización e que poden ser redescobertos no Centro Interpretativo de S. Lourenzo, en Vila Chá.
Da Idade Media destaca a produción de sal, documentado a partir do século IX. Deste período e o cemiterio medieval das Barreiras, en Fao, anterior á fundación de Portugal (1.143).
Dende o século XVI Esposende desenvolve a súa crecente vocación atlántica. Destacan as construccións defensivas de o Facho da Bonança, no século XVI e do Forte de San Joan Baptista, en Esposende, no final do século XVII,. Desta época destaca o Solar de Pregais, en Forgáes, A igrexa da Santa Casa da Misericordia de Fáo e a igrexa da Santa Casa da Misericordia de Esposende.
A historia de Esposende como unidade administrativa remóntase o século XVI (19 de agosto de 1572) o longo do século XVIII e XIX é o Brasil, para onde parten moitos emigrantes. No final do XIX inicios do XX, as accións destes beneméritos “Brasileiros”, dotarán a Esposende de obras de bulto.
No período da Segunda Guerra Mundial, unha élite cultural provocou ambientes bucólicos. Xorde un Esposende de arquitectura modernista e nese ambiente, ademáis dos arquitectos, pintores, escultores, escritores e poetas de renome.
Coa revolución de abril de 1974, a democratización dos paises, a entrada de Portugal na unión Europea tiveron os seus reflexos en Esposende, conquerindo un territorio de excelencia, proporcionando unha elevada calidade de vida os seus habitantes.
O concello de Esposende chega ó século XXI ainda xenuino, onde as artes tradicionais manteñense xunto coa modernidade e a vocación turística, asentándose nas características naturais da súa costa, nas praias de area fina, na defensa de valores ambientais, na súa historia e gastronomía.