Presentación

A Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica foi fundada en Chantada o cinco de abril de dous mil catro co obxectivo de promover e potenciar a cultura e gastronomía Galegas é Portuguesas, ademais de xunguir estes dous pobos veciños e con grandes coincidencias nos eidos Cultural e Gastronómico preferentemente.

Dende a súa creación leváronse a cabo intercambios culturais e de tipo gastronómico con asociacións e colectividades de diferentes poboacións españolas e lusitanas con grande éxito de participación.

Dende aquí convidámolo a coñecer a Cultura Galega e Portuguesa, e os nosos pobos, cultural e gastronomicamente.